Nuestro Blog
En esta sección recogeremos la actualidad de diferentes coros, orquestas y músicos gallegos
sáb
09
ene
2010
En torno á figura e á música de Andrés Gaos Berea
II Xornadas de Divulgación
do Patrimonio Musical Galego
na Universidade da Coruña
En torno á figura e á música
de Andrés Gaos Berea
1874-1959
outubro - decembro 2009
INTRODUCIÓN
Achegámonos á segunda edición do que demos en chamar as “Xornadas de Divulgación do Patrimonio Musical Galego” na Universidade da Coruña. Desde a Aula de Música da Vicerreitoría de Cultura e Comunicación desexamos expresar a nosa gratitude a todas as persoas que van participar ao longo destes meses nos diversos actos que se programaron. Todas elas forman xa parte dun soño que comezou hai uns cantos anos, cando un equipo de coruñeses entusiastas da Música puxeron en marcha a Asociación Musical “Andrés Gaos”, con sede na casa particular dun deles: o benquerido e non esquecido amigo Ramiro Cartelle. El é o responsable do meu crecente interese pola obra e a figura do compositor do que se conmemora este ano o 50 Aniversario do seu pasamento. Precisamente por iso decidimos adicar as II Xornadas a aportar un graniño de area á difusión da súa obra.
Queremos agradecer moi especialmente a presencia de Andrés Gaos Guillochón, fillo do compositor e pianista, na mesa redonda e na conferencia-concerto que abre este ciclo; el foi quen de gravar as dúas Suites para piano tituladas Aires Gallegos e Nuevos Aires Gallegos e sempre foi unha peza fundamental cara á difusión da obra do seu pai.
A labor da Asociación Musical “Andrés Gaos” foi a primeira pedra para dar a coñecer alomenos parte da obra do noso compositor: a Sonata para violín e piano interpretada por Pedro León e Ricardo Requejo, unha selección de cancións nun recital de María Teresa del Castillo (soprano) e Ramiro Cartelle (piano), a estrea en España da Sinfonía Nº.2 “En las montañas de Galicia” por conta da antiga Orquestra da Coruña Filial do Conservatorio, baixo a dirección de Rogelio Groba… Anos máis tarde chegarían as cancións francesas interpretadas por Conchita Fraga (mezzosoprano) e Francisco Javier Chao (piano) nun formato de conferencia-concerto conducido por Julio Andrade Malde, a quen lle debemos moito tamén pola súa faceta investigadora. Recentemente, coa creación da Orquestra Sinfónica de Galicia, as interpretacións e grabacións de obras para orquestra de cordas ou sinfónica, e mesmo a recentísma estrea da ópera Amor Vedado; tamén á Real Filharmonía de Galicia, á Orquestra de Cámara Galega,… a Joám Trillo, que ademáis de ter dirixido obras orquestrais de Gaos está levando a cabo unha importantísima labor de dixitalización e edición da súa obra, a Maximino Zumalave, a Florian Vlashi,…
É imposible nombrar a todas as persoas e agrupacións que traballan e se interesan pola obra de Gaos, dentro e fóra de Galicia. Hoxendía podemos dicer que a obra compositiva de Andrés Gaos ocupa un lugar relativamente importante na Historia da Música. Os anos pasan e as novas xeracións van tomando o relevo. A semente que supuxo a labor da Asociación deu froito e esperamos que os novos tempos abran novos camiños.
Julián Jesús Pérez Fernández
Director da Aula de Música
Vicerreitoría de Cultura e Comunicación
PROGRAMA XERAL
MESA REDONDA E CONFERENCIA – CONCERTO
Martes, 13 de outubro de 2009 ás 20.00 h.
no Paraninfo da Reitoría
Mesa Redonda
Interveñen:
Andrés Gaos Guillochón, pianista e fillo de Andrés Gaos Berea
Julio Andrade Malde, crítico musical
Joam Trillo, compositor e director de orquestra
Maximino Zumalave, director de orquestra
Florian Vlashi, violinista da Orquestra Sinfónica de Galicia
Conferencia-Concerto
“As obras orixinais para violín e piano de Andrés Gaos Berea”
Por conta de Julio Andrade Malde, crítico musical
Florian Vlashi, violín e Nicolás Cadarso, piano
PRIMEIRO CONCERTO
Mércores, 28 de outubro de 2009 ás 20.30 h.
no Paraninfo da Reitoría
Obras para piano a catro mans de Marcial del Adalid
Obras para piano de Andrés Gaos
José Manuel Yáñez e Genaro Fernández, piano
SEGUNDO CONCERTO
Mércores, 11 de novembro de 2009 ás 20.30 h.
no Paraninfo da Reitoría
Obras para violoncello e piano de Mendelssohn, Martinu e Gaos
Carolina Landriscini, violoncello e Nicolás Cadarso, piano
SEGUNDA CONFERENCIA – CONCERTO
Mércores, 25 de novembro de 2009 ás 20.30 h.
no Paraninfo da Reitoría
“As cancións francesas de Andrés Gaos Berea”
Por conta de Julio Andrade Malde, crítico musical
Manuela Soto, soprano e Monika Fehn, piano
TERCEIRO CONCERTO
Xoves, 3 de decembro de 2009 ás 20.30 h.
no Paraninfo da Reitoría
Obras de Julián Aguirre e Andrés Gaos
Virginia González, violín e Rubén Alvar, piano
CUARTO CONCERTO
Sábado, 19 de decembro de 2009 ás 20.30 h.
na Igrexa da Venerable Orde Terceira
Obras de Adalid, Montes, Quiroga e Gaos para orquestra de cordas
Orquestra de Cámara da Universidade da Coruña
Director: Julián Jesús Pérez
dom
12
abr
2009
III CICLO NOVOS INTERPRETES
Aula de Música
III CICLO DE NOVOS INTÉRPRETES
NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA
De marzo a xuño de 2009
Igrexa da Venerable Orde Terceira
Paraninfo da Reitoría, A Maestranza
Salón de Actos do Conservatorio Profesional
Entrada libre e gratuíta
A Coruña
PRESENTACIÓN
A Aula de Música da Vicerreitoría de Cultura e Comunicación da Universidade da Coruña, co afán de promover as novas xeracións de músicos, vén de preparar con ilusión e confianza o III Ciclo de Novos Intérpretes. Nel preséntanse tres grupos de cámara formados por estudantes e licenciados (un deles conta coa colaboración de dous profesores) do Ensino Superior de Música en Galicia (conservatorios da Coruña e Vigo e Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela) e do País Vasco (Musikene). O ciclo será clausurado, como xa vén sendo habitual, pola Orquestra de Cámara da UDC, unha formación que conta con algo máis de dous anos de andaina. A novidade deste ano é a participación do noso coro, o Coro Universitario da Coruña, coa interpretación dunha obra completa: a Oda Come Ye Sons of Art do compositor británico Henry Purcell, xunto á Orquestra de Cámara da UDC e a tres novos solistas vocais galegos. Neste concerto colabora o Coro de Cámara da Coruña.
Con todos eles se configurou un ciclo que cumpre xa tres anos. Pensamos que boa parte dese colectivo de novos intérpretes serán os profesionais do mañá. Desde a Aula de Música da Vicerreitoría de Cultura e Comunicación estamos convencidos do que lles poden ofrecer ao público universitario, e como non, ao público da cidade. A resposta queda na asistencia e goce dese público aos concertos que se programaron, e aos que eles e elas dedicaron moitas horas de estudo e de ensaio. Invitámosvos a que asistades con respecto e actitude positiva aos concertos, e se cadra volveredes unha segunda vez, unha terceira... por que non? Nunca é tarde para descubrir a música.
Julián Jesús Pérez Fernández
Director da Aula de Música
Vicerreitoría de Cultura e Comunicación
PROGRAMA XERAL
PRIMEIRO CONCERTO: mércores, 25 de marzo de 2009
Na Igrexa da Venerable Orde Terceira ás 20.30 h
Cuartetos de Boccherini, Beethoven e Piazzolla
INTÉRPRETES: Cuarteto Kandinsky
Antón Carballo, violín,
Ana María Martínez Sedes, violín
Raquel San Pedro del Castillo, viola
Juan Antonio Almarza, violoncello
SEGUNDO CONCERTO: mércores, 22 de abril de 2009
Na Igrexa da Venerable Orde Terceira ás 20.30 h
Tríos para cordas de Haydn e Piazzolla
INTÉRPRETES: Tan-go!
Mario Diz, violín
Juan Barbero, viola
Mabel Carro, violoncello
TERCEIRO CONCERTO: mércores, 6 de maio de 2009
No Paraninfo da Reitoría (A Maestranza) ás 20.30 h.
Tríos de Beethoven e Zemlinski
INTÉRPRETES: Dolores García, clarinete
Carme Tubío, violoncello
Federico Mosquera, piano
CUARTO CONCERTO: sábado, 13 de xuño de 2009
No Salón de Actos do Conservatorio Profesional de Música ás 20.30 h.
Obras de Händel, Grieg e Gaos para orquestra de cámara
Oda "Come Ye Sons of Art" de Purcell
INTÉRPRETES:
Mónica Pérez. Soprano,
Pablo M. Carreira, contratenor
Pedro Martínez Tapia, barítono
Coro Universitario da Coruña e Coro de Cámara da Coruña
Orquestra de Cámara da Universidade da Coruña
Julián Jesús Pérez, director
mié
07
ene
2009
Cinco Séculos de Música Europea
El Aula de Música de la Vicerrectorado de Cultura y Comunicación de la Universidad de La Coruña organiza en su cuarta edición este interesante ciclo de conciertos dídácticos a la música europea desde el Renacimiento hasta el Siglo XX.
El próximo 14 de Enero a las 20:30 la musicóloga Rosa María Fernández García disertará en el Paraningo del Rectorado sobre “O cambio e as transformacións da música até a nosa percepción de hoxendía”
Los dos últimos conciertos el 28 de Enero y el 18 de Febrero en el Paraninfo del Rectorado de la Universidad
FJEB
PROGRAMA XERAL
PRIMEIRO CONCERTO: mércores, 22 de outubro de 2008 ás 20.30 h
“Cinco séculos de música española para guitarra”
INTÉRPRETES: Bernardo García Huidobro, guitarra
LUGAR: Igrexa da Venerable Orde Terceira, A Coruña
SEGUNDO CONCERTO: mércores. 19 de novembro de 2008 ás 20.30 h
“O Romanticismo de Frederick Chopin”
INTÉRPRETES: Rubén Alvar Fernández, piano
LUGAR: Paraninfo da Reitoría, A Coruña
TERCEIRO CONCERTO: mércores, 3 de decembro de 2008 ás 20.30 h
“Tríos con piano do clasicismo ao século XX”
INTÉRPRETES: Trío “Moryatov”
LUGAR: Paraninfo da Reitoría, A Coruña
CONFERENCIA: mércores, 14 de xaneiro de 2009 ás 20.30 h
“O cambio e as transformacións da música até a nosa percepción de hoxendía”
Por conta de Rosa María Fernández García, musicóloga
LUGAR: Paraninfo da Reitoría, A Coruña
CUARTO CONCERTO: mércores, 28 de xaneiro de 2009 ás 20.30 h
“Sonatas e dúos para violín e piano”
INTÉRPRETES: Alicia Permuy, piano e Ludwig Dürichen, violín
LUGAR: Paraninfo da Reitoría, A Coruña
QUINTO CONCERTO: mércores, 18 de febreiro de 2009 ás 20.30 h
“Entre dous séculos: Tríos e Cuartetos con clarinete”
INTÉRPRETES: Cuarteto “Mestura”
LUGAR: Paraninfo da Reitoría, A Coruña
lun
05
ene
2009
Capriccio Vocale y Andrés Gaos Guillochon
El pasado 1 de Enero de 2009, Andrés Gaos Guillochon y su mujer Celia Nieves Torrontegui se reunieron con el grupo Capriccio Vocale en un céntrico café de La Coruña.
Andrés Gaos Guillochon es el hijo menor de nuestro admirado Andrés Gaos Berea y se encuentra en La Coruña para asistir al estreno mundial de dos escenas orquestales de la ópera inédita "Amor Vedado" que nunca llegó a estrenar su padre.
Capriccio Vocale interpretó en su nuevo a disco la canción de Andrés Gaos, Rosa de Abril, lo que, en primera instancia, fue el motivo del encuentro.
Y adicionalmente, el encuentro sirvió para confirmar la relación familiar que une a Fernando Enseñat Berea con Andrés Gaos Guillochon. Ambos tienen como antepasado común a Sebastián Canuto Berea y Ximeno (fundador de la saga de ilustres músicos gallegos).
Deseamos desde aquí a Andrés Gaos que pronto vuelva a La Coruña para el estreno mundial de la ansiada ópera.
FJEB
lun
05
ene
2009
Inauguramos Sección Conciertos y Artistas gallegos
En esta sección recogeremos periódicamente la actualidad de diferentes Orquestas, Coros e Intérpretes musicales gallegos.